O día 15 de marzo conmemórase o día dos dereitos do consumidor. No noso centro quixemos aproveitar a ocasión para reflexionar sobre o etiquetado dos alimentos, facendo fincapé tamén nos seus ingredientes e nutrientes. Co este obxectivo trouxemos a aula envases de diversos tipos e aproveitámolos para facer con eles un xogo que axude a compañeiros e compañeiras a separar os residuos de maneira axeitada.
Aquí tendes algunhas fotos das actividades realizadas e do novo xogo da biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario