Aínda que ata o día 23 de abril non se conmemora o Día do libro, esta semana xa comezamos a preparar a súa celebración que, terá lugar, na vindeira semana.
Para poder conmemorar este día como se merece, precisamos que os nenos e nenas do cole, de infantil e de primaria, traian da súa casa ( ou collan en préstamo da biblioteca) un libro dos seus favoritos. A próxima semana xa vos contamos que van facer con eles.
Ademáis temos novidades para a biblioteca baseadas nas vosas peticións, algunhas das vosas coleccións favoritas e algúns deses contos que tanto vos gustan, agora tamén en inglés.
Para as familias temos novidades moi interesantes: libros de escola de pais, de lectura literaria para gozar, chorar, emocionarnos...
Tamén recibimos donacións do Concello e de familias de alumnado, moitas grazas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario