O día 21 de marzo celébrase o día da poesía, da auga e da árbore, elementos que nos rodean e que nos gustan moito no noso cole. Con motivo desta conmemoración levamos a cabo un pequeno proxecto en diversos momentos, dende o venres 18 ata o seu fin o 30 de marzo.
Comezamos por saír a natureza para inspirarnos e escribir poemas, seguimos co proceso de escritura e ilustración do mesmo; co resultado de todo esto elaboramos un mural que compartimos todo o cole e ao redor do cal nos xuntamos para recitar algúns dos poemas. Xa o día 30 plantamos a árbore que coa que nos agasallou a deputación e puxémoslle nome.
Aquí podedes ver o proceso e resultados finais!
Ningún comentario:
Publicar un comentario