venres, 11 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA 10/03

Xa rematamos Cartas de inverno, aquí quedan as opinións dalgúns dos participantes; iremos actualizando a entrada para engadir as opinións de todos os membros do club:



"Gustoume moito o libro e encántame ler a o lado da oliveira."

CARLA

 

"Gustome moito o libro, gustoume esta experencia de ler xuntos, en Galego e ao aire libre."

SARA

 

"O libro gustoume moitísimo! Pareceume de lectura sinxela, atrapante, con personaxes magníficos e unha trama moi intrigante! A verdade é que non estou acostumada a ler libros en galego e con este namoreime, máis se cabe, da nosa fermosa lingua.

Espero que o seguinte me guste tanto como este! Agardo impaciente a nova historia!"

MELISA

 

"O libro gustoume moito. É de lectura sinxela e engancha bastante, así que o acabei enseguida. Encantoume que fose en galego e ambientado en Galicia xa que é moito máis doado facerte idea de como é realmente a paisaxe da que fala no libro en tantas ocasións.

Para min, ao falar dos anos 90, non me parece que fora fai tanto tempo... pero ao ler o libro daste conta de que cousas cambiaron dende aquela, sobre todo a tecnoloxía. Gústame que faga incidencia en temas medioambientais, como cando fala da problemática do bosque atlántico fronte a invasión de priñeirais e eucaliptais.

Con respecto a trama do libro podo dicir que pasei algo de medo (eu non me metería a vivir nunha casa enmeigada nunca) [...] 

En resumo, foi unha moi boa lectura e espero con ganas o seguinte."

PROFE ALBA  RODRÍGUEZ

 

 "O mellor libro que lín. A mín encántanme os libros de medo, misterio e suspense. E aínda mellor, en galego! 

Definitivamente o mellor libro, encantoume."

INÉS


"What I liked most about the book was the aspect of suspense. The author had me hooked by the first chapter and I kept wanting to turn the page to see what would happen next. I also really enjoyed the subtle alludes to Galician culture that were placed throughout the novel. For me as a foreigner in Galicia it was interesting to catch some of these details and to learn about new aspects of Galician culture."

BRIAN






Ningún comentario:

Publicar un comentario