venres, 22 de abril de 2022

Pupas, sustos e outros desgustos! 06/04/22

 O día sete de abril celebrouse O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, e no cole conmemorámolo un día antes xa, o día seis, con un curso de primeiros auxilios para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Os rapaces quedaron encantados con esta actividade tan importante na que aprenderon cousas básicas e fundamentais para poder facer frente a situacións desagradables, ou incluso de vida ou morte, relacionadas coa saúde e a vida.







venres, 1 de abril de 2022

XOGANDO CO ATLETISMO EN EXPOURENSE!

 O xoves 17 de marzo puidemos gozar da actividade: Xogando co atletismo, a nivel provincial, posto que co noso esforzo conseguimos clasificarnos nas convocatorias previas das que xa víchedes fotos...

Aquí tendes algunhas imaxes para ver o emocionados que estabamos e o ben que o pasamos!














PEQUENOS PANADEIROS

 A nosa visita a Santa Rita! Moitas grazas pola oportunidade!!!











MOCHILAS VIAXEIRAS

 Xa quedamos poucos pendentes de gozar das mochilas, aquí tendes os afortunados desta semana!




CLUB DE LECTURA

 Xa comezamos novo libro do club de lectura e temos cada un a nosa copia para gozar con el.

O próximo xoves compartiremos as nosas impresións sobre o mesmo ata a páxina 41, capítulo IV.

Este libro escollímolo por recomendación de Brian, o noso auxiliar de inglés, moitas grazas porque ten moooi boa pinta!



SEMANA DA POESÍA DA AUGA E A ÁRBORE

 O día 21 de marzo celébrase o día da poesía, da auga e da árbore, elementos que nos rodean e que nos gustan moito no noso cole. Con motivo desta conmemoración levamos a cabo un pequeno proxecto en diversos momentos, dende o venres 18 ata o seu fin o 30 de marzo.

Comezamos por saír a natureza para inspirarnos e escribir poemas, seguimos co proceso de escritura e ilustración do mesmo; co resultado de todo esto elaboramos un mural que compartimos todo o cole e ao redor do cal nos xuntamos para recitar algúns dos poemas. Xa o día 30 plantamos a árbore que coa que nos agasallou a deputación e puxémoslle nome.

Aquí podedes ver o proceso e resultados finais!










CIENCIA NA BIBLIOTECA

 Como mestr@s non paramos de formarmos para facer da aprendizaxe unha experiencia máis enriquecedora, creativa, divertida... Por iso levamos a cabo dúas formacións neste trimestre relacionadas con ciencia e biblioteca do máis entretidas!!

Aquí tendes algunha foto:





E algo do que aprendimos xa o fomos pondo en práctica coa rapazada!