luns, 20 de xuño de 2022

SAÍDA AO INQUIAO

 Moitas grazas poe este día tan bo, a pesar do tempo, que puidemos pasar na área recreativa do Inquiao coa colaboración de Sara e Noemi, e, por suposto, do Concello da Arnoia.

Aquí vos quedan algunhas fotos do ben que o pasamos.







venres, 17 de xuño de 2022

VISITA E ACTIVIDADES NO BALNEARIO

 Queremos agradecerlle ao Balneario de Arnoia e  ao Concello o día tan maravilloso que pasamos hoxe gozando das instalacións termais, MIL GRAZAS!!





mércores, 15 de xuño de 2022

EXCURSIÓN AO PARQUE DOS SENTIDOS, PRAIA E PETRÓGLIFOS DE MOGOR

 Hoxe os maiores, acompañados pola súa titora teacher Alba  e pola profe Alba, fixemos a tan desexada excursión de fin de curso á praia. Visitamos tamén o parque dos sentidos e os petróglifos de Mogor, que coñecimos a través do Club de lectura e do libro Cartas de Inverno.

Podedes ver fotos deste día no Class dojo!!

venres, 10 de xuño de 2022

Xornadas dos clubs de lectura

 O dez de xuño tivo lugar a Xornada de clubs de lectura das bibliotecas escolares de Galicia, foi unha experiencia moi interesante na que se compartiron experiencias e aprendemos un montón escoitando a grandes escritoras.



xoves, 9 de xuño de 2022

Proxectos entre mans...

 O curso vai rematando e queremos ir deixando listos algúns dos proxectos que nos trouxemos entre mans ao longo deste ano escolar.

Involucrado co PDI da biblioteca, Peques traballadorxs, grandes profesionais, estamos elaborando unhas maquetas de plastilina, os medianos lugares de traballo e os maiores traballadores... Aquí vos quedan unhas mostras dos nosos traballos.












venres, 3 de xuño de 2022

CLUB DE LECTURA E DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 Neste xoves de club de lectura comezamos un novo libro que ten moito que ver coa conmemoración que terá lugar este domingo 5 de xuño: O Día mundial do Medioambiente.

Xuntámonos despois de escoller A folla azul como seguinte lectura, un libro que nos levará a coñecer unha cultura moi diferente que, se non somos quen de cambiar, podemos rematar por destrozar.

Agardamos que a lectura deste libro nos axude a reflexionar sobre o papel tan importante que todos temos no coidado do medioambiente.