domingo, 27 de marzo de 2016

Excursión a O Rexo (parte I)


O pasado martes, 15 de marzo, visitamos o Centro de Educación Ambiental O Rexo, en Allariz. 




Ao chegar faláronnos acerca da Reserva da Biosfera da Área de Allariz, as especies que podemos atopar, como coidar a contorna e tamén do que iamos ver.




Puidemos tocar auténtica la de ovella.





Tamén rimos moito cuns improvisados títeres feitos coa la das ovellas.







Isto soamente foi o comezo, xa que logo da merenda, e coas enerxías repostas, visitamos as crías das ovellas e dos carneiros: os años.

Continuará...



Namentres vos deixamos un vídeo coa montaxe dalgunhas fotos.