luns, 3 de febreiro de 2014

MAGOSTO 2013

     Boas familias!
     Pouco a pouco imos intentar ir poñendo cousiñas para que poidades ver un pouquiño máis da vida no cole. Hai cousiñas que xa pasaron fai tempo, pero que non tivemos tempo de publicar antes. 
   Nos próximos días iremos actualizando o blogue ata que consigamos que sexa unha unha ferramenta para contar todas as cousas importantes que suceden na nosa escoliña.
    Unha desas cousas que tiñamos por aí gardadas son algunhas fotiños do noso magosto...
                                                   Esperamos que vos gusten!