venres, 28 de xaneiro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!

A partir de hoxe tendes a vosa disposición novidades na biblioteca, hai algo de todo: libros de misterio, temas de interese e información, album ilustrado no que vernos reflexados ou coñecer outras vidas que nos poderían ter tocado vivir...

Animádevos a ler!!



MOCHILAS VIAXEIRAS 27/01

 




Comezamos coas reunións do club de lectura!!



Onte, 27 de xaneiro de 2022, comezamos a actividade do noso club de lectura.

Despois de pedir opinións e recomendacións de lecturas a chicos das nosas casas, de reflexionar sobre os nosos propios gusto e de follear algúns libros que tiñan boa pinta, escollimos o que será a nosa primeira lectura do club: CARTAS DE INVERNO, de Agustín Fernández Paz.

Onte reunímonos a ler xuntos ao sol do mediodía e, tras unha lectura "misteriosa", fantástica" e chea de "suspense" e "terror", acordamos ler para a próxima reunión ata a páxina 36, completar a lectura do capítulo un e dous, para despois seguir compartindo e propondo metas.

Non vos esquezades anotar curiosidades, cousas impresionantes... o que vos queirades despois comentar na próxima reunión.

E a gozar do libro e do misterio!!

xoves, 13 de xaneiro de 2022

luns, 10 de xaneiro de 2022

 FELIZ VOLTA O COLE E A BIBLIOTECA!!


Xa estamos de volta na escola e queremos comezar presentándovos unha actividade nova neste ano 2022:
 

O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA 


Podedes participar todas e todos a partir nos nove anos, non só alumnado senón tamén membros das familias e da comunidade escolar, incluidos ex-alumn@s.
 

Se estades interesados ou tendes calquera dúbida, póndevos en contacto coa responsable da biblioteca a través do whatsapp ou de classdojo.
 


Animádevos a participar!