venres, 29 de abril de 2022

Celebración da Semana do Libro

 O sábado 23 de abril celebrouse o Día do libro e durante a vindeira semana celebramos no cole esta efémeride tan importante para nós.

Como devoradores de libros que somos aos que nos gusta compartir as nosas experiencias con eles, gozamos coa actividade de parellas lectoras no que falamos e limos fragmentos de libros especiais para nós con compañeiras e compañeiros de outros cursos.

Ademáis construimos marcapáxinas de papiroflexia que exhibimos nun mural no taboleiro da biblioteca.

Na biblioteca queda tamén outro testigo do noso traballo conxunto e creativo: Mákare, o libro no que nós somos os protagonistas, un libro que recolle historias escritas polo alumnado de primaria e ilustrado por as crianzas de educación infantil.

Aquí tendes algunha foto para que vexades o ben que o pasamos!








venres, 22 de abril de 2022

PREPARÁNDONOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 22/04/22

 Aínda que ata o día 23 de abril non se conmemora o Día do libro, esta semana xa comezamos a preparar a súa celebración que, terá lugar, na vindeira semana.

Para poder conmemorar este día como se merece, precisamos que os nenos e nenas do cole, de infantil e de primaria, traian da súa casa ( ou collan en préstamo da biblioteca) un libro dos seus favoritos. A próxima semana xa vos contamos que van facer con eles.

 


 

 

Ademáis temos novidades para a biblioteca baseadas nas vosas peticións, algunhas das vosas coleccións favoritas e algúns deses contos que tanto vos gustan, agora tamén en inglés.

Para as familias temos novidades moi interesantes: libros de escola de pais, de lectura literaria  para gozar, chorar, emocionarnos...





Tamén recibimos donacións do Concello e de familias de alumnado, moitas grazas!!






DEPORTE ESCOLAR: BADMINTON 21/04/22

Pequen@s deportistas de 3º a 6º de Primaria asistimos o xoves 21 de abril a Ribadavia para participar nunha actividade de BADMINTON, un deporte que nos encanta e que, algúns de nós, era das primeiras veces que tiñamos ocasión de practicar.

Gozamos un montón practivando este deporte e demostramos que somos grandes xogadores, compañeir@s e persoas.






PEQUEN@S EXPLORADOR@S DO COLE E DA CDU!! 08/04/22

O venres oito de abril, xa a piques de comezar as vacacións de Semana Santa e Pascua, aproveitamos no cole para comezar con bo pé este periodo de descanso e fixemos unha procura de ovos mooooi especial.

Os nenos e nenas do cole viñeron preparados para converterse en investigadores e exploradores que, mediante as pistas que lles proporcionaron os libros e a CDU, e despois de superar probas e obter anacos do plano do cole, buscaron ovos e un gran tesouro final.

Gozamos moitísimo desta actividade e, de seguro, tamén aprendimos, todas e todos: mestres e alumnado!












Pupas, sustos e outros desgustos! 06/04/22

 O día sete de abril celebrouse O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, e no cole conmemorámolo un día antes xa, o día seis, con un curso de primeiros auxilios para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Os rapaces quedaron encantados con esta actividade tan importante na que aprenderon cousas básicas e fundamentais para poder facer frente a situacións desagradables, ou incluso de vida ou morte, relacionadas coa saúde e a vida.







venres, 1 de abril de 2022

XOGANDO CO ATLETISMO EN EXPOURENSE!

 O xoves 17 de marzo puidemos gozar da actividade: Xogando co atletismo, a nivel provincial, posto que co noso esforzo conseguimos clasificarnos nas convocatorias previas das que xa víchedes fotos...

Aquí tendes algunhas imaxes para ver o emocionados que estabamos e o ben que o pasamos!














PEQUENOS PANADEIROS

 A nosa visita a Santa Rita! Moitas grazas pola oportunidade!!!