xoves, 12 de maio de 2022

DEPORTE ESCOLAR: ORIENTACIÓN de 2º a 6º de Educación Primaria

 

 
O día 12 de maio os nenos e nenas de segundo a sexto de Primaria participaron nunha actividade de Deporte escolar de Orientación. 

Aquí vos quedan algunhas fotos e a opinión dun compañeiros de cuarto sobre a mesma.





 


Fíxose no Xestal, competiron moitos colexios. A actividade consistía en ir polo campo de fútbol pasando unhas tarxetas por unha especie de maquina, e tiñas que pasala por todas, non podia faltar ningunha! 

Non só era no campo de futbol, tamén había puntos fóra do campo, porque o percorido era moito máis grande, foi unha aventura moi divertida... Eu creo que lle gustou a todos os participantes, a min encantoume, espero que outro día se repita esa actividade, foi moi divertida!

Escrito por Xoel Chao

mércores, 11 de maio de 2022

DESPEDÍMONOS DE BRIAN!

 Con moita pena nos despedimos de Brian, o noso auxiliar de linguas durante este curso escolar. Estivemos encantados de poder compartir as nosas aulas, o noso centro, a Arnoia con el. Aprendimos moito e estaríamos encantados de que repetise experiencia aquí con nós ou de que lle vaia xenial alí onde a vida o leve. 

See you soon, Brian!!






martes, 10 de maio de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS CON MARIBÍ

 Hoxe recibimos na nosa biblioteca a unha experta en bibliotecas escolares, Maribí, que veu dende o cole de Ribadavia para darlle aos nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto, unha breve formación sobre uso e xestión do empréstito na biblioteca escolar.

Moitas grazas!!



luns, 9 de maio de 2022

BIKE TOUR AROUND ARNOIA

 Hoxe levamos a cabo o roteiro que preparamos con tanto cariño durante estas semanas anteriores.

Queremos ensinarlle a Brian todos algúns dos lugares deste Concello tan bonito onde vivimos.

Subimos e baixamos carreiros e camiños facendo parada en lugares de algo valor cultural, histórico ou paisaxístico dende os que, en inglés, compartimos con Brian a beleza da Arnoia.

 


 










xoves, 5 de maio de 2022

CLUB DE LECTURA

 Xa rematamos o noso segundo libro do Club de lectura, As Confesións de Carlota Doyle. 

As opinións sobre esta narración non foron tan unánimes como no caso de Cartas de Inverno. Aída que nos gustou moito e mantivemos acaloradas conversas especialmente sobre certos pasaxes moi emocionantes, algúns e algunhas das lecturas opinaron que as descripcións, en ocasións, se lle fixeron longas...

Na opinión da maioría, os pasaxes que máis nos gustaron foron eses que daban algo de "medo" e tamén nos que Carlota se viu na necesidade de enfrentarse a quen no final non era como parecía...


Se queredes saber máis, lede a historia, é moi recomendable!!!



VISITA CULTURAL A CELANOVA E VILANOVA DOS INFANTES

 O catro de maio gozamos dun día moi especial, fixemos unha saída cultural a Celanova, moi esperada despois deste tempo sen poder realizar estas actividades que tanto nos gustan.

Desprazámonos en autobús ata a vila e unha vez alí visitamos o mosteiro de San Rosendo, a capela de San Miguel, gozamos dun concerto didáctico de órgano e, tras unha breve pausa no parque das Triguerizas, desprazámonos ata Vilanova dos Infantes, onde seguimos a nosa viaxe no tempo subindo a torre medieval e profundamos un pouco máis na área do saber que estamos a traballar a través do noso PDI: o traballo, neste caso, dos zapateiros.

Foi un día cheo de experiencias e aprendizaxes!!










luns, 2 de maio de 2022

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 

                                                       Imagen de Alexas foto en Pixabay


O día dous de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar, aproveitamos a reflexión da mañá na aula dos maiores para falar sobre un tema tan preocupante nestes días, para traballar a comunicación, a empatía, e a non violencia en ningunha das súas formas.