venres, 4 de febreiro de 2022

CLUB DE LECTURA

 Onte 3 de febreiro tivemos a segunda reunión do noso club de lectura, despois de compartir sensacións e emocións, opinións e todo o que nos pareceu, limos un pouco xuntos e acordamos ler ata o capítulo 6, ata a páxina 58.

Aquí vos queda unha foto de outros candidatos de lectura para o club que non saíron escollidos, pero  podedes gozar co préstamos habitual da biblioteca.



XA TEMOS NOVA MASCOTA DA BIBLIOTECA

 Tras o reconto da votación xa temos nova mascota seleccionada:

 


Agora temos que darlle nome, ide pensando ideas que dentro de pouco faremos as propostas e a votación.



MOCHILAS VIAXEIRAS 03/02/22

 







ESCOLA DE NAIS E PAIS: A NOSA BIBLIOTECA É DE TOD@S E PARA TOD@S!!

 

 Queremos convidarvos a unha escola de nais e pais na que nos gustaría compartir con todos os membros da comunidade educativa o proxecto da nosa biblioteca, as novidades deste ano e o que seguimos levando a cabo dende cursos anteriores, escoitar as vosas contribucións e ideas e animarvos a participar activamente na vida da nosa biblioteca.

A reunión terá lugar o día 9 de febreiro as 16:05 na Biblioteca CSA, a biblioteca do cole.

Agardamos que vos animedes a asistir.




CONVOCATORIA: VOTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DE XORNADA

 Xa está colgado no taboleiro de anuncios do centro escolar a convocatoria de votación para solicitar o cambio de xornada.

Aquí tendes o documento por se o queredes consultar.

A xornada de votación terá lugar o día 16 de febreiro en horario de 9:30 a 17:30.

O voto será directo e secreto, e poderá votar un membro por familia: pai ou nai ou titor/a legal de cada familia.

O censo está exposto no taboleiro de anuncios do centro e o luns día 7 de febreiro abrirase o prazo de cinco días para interpor reclamacións ao mesmo.

Na vindeira semana procederase o sorteo dos membros da mesa, que estará constituída pola dirección (presidenta) e dous representantes das familias (nais, pais ou titores/as legais). Como resultado do sorteo escolleranse dous titulares e dous suplentes e exercerá de secretario o representante de menor idade.

É moi importante a participación da comunidade educativa e agradecemos de
antemán a vosa implicación na vida do centro escolar.

 

 


venres, 28 de xaneiro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!

A partir de hoxe tendes a vosa disposición novidades na biblioteca, hai algo de todo: libros de misterio, temas de interese e información, album ilustrado no que vernos reflexados ou coñecer outras vidas que nos poderían ter tocado vivir...

Animádevos a ler!!



MOCHILAS VIAXEIRAS 27/01