venres, 11 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA 10/03

Xa rematamos Cartas de inverno, aquí quedan as opinións dalgúns dos participantes; iremos actualizando a entrada para engadir as opinións de todos os membros do club:



"Gustoume moito o libro e encántame ler a o lado da oliveira."

CARLA

 

"Gustome moito o libro, gustoume esta experencia de ler xuntos, en Galego e ao aire libre."

SARA

 

"O libro gustoume moitísimo! Pareceume de lectura sinxela, atrapante, con personaxes magníficos e unha trama moi intrigante! A verdade é que non estou acostumada a ler libros en galego e con este namoreime, máis se cabe, da nosa fermosa lingua.

Espero que o seguinte me guste tanto como este! Agardo impaciente a nova historia!"

MELISA

 

"O libro gustoume moito. É de lectura sinxela e engancha bastante, así que o acabei enseguida. Encantoume que fose en galego e ambientado en Galicia xa que é moito máis doado facerte idea de como é realmente a paisaxe da que fala no libro en tantas ocasións.

Para min, ao falar dos anos 90, non me parece que fora fai tanto tempo... pero ao ler o libro daste conta de que cousas cambiaron dende aquela, sobre todo a tecnoloxía. Gústame que faga incidencia en temas medioambientais, como cando fala da problemática do bosque atlántico fronte a invasión de priñeirais e eucaliptais.

Con respecto a trama do libro podo dicir que pasei algo de medo (eu non me metería a vivir nunha casa enmeigada nunca) [...] 

En resumo, foi unha moi boa lectura e espero con ganas o seguinte."

PROFE ALBA  RODRÍGUEZ

 

 "O mellor libro que lín. A mín encántanme os libros de medo, misterio e suspense. E aínda mellor, en galego! 

Definitivamente o mellor libro, encantoume."

INÉS


"What I liked most about the book was the aspect of suspense. The author had me hooked by the first chapter and I kept wanting to turn the page to see what would happen next. I also really enjoyed the subtle alludes to Galician culture that were placed throughout the novel. For me as a foreigner in Galicia it was interesting to catch some of these details and to learn about new aspects of Galician culture."

BRIAN






MOCHILAS VIAXEIRAS

 Estes son os afortunados e afortunadas desta semana.

Recordade que os Diarios viaxeiros quedarán na biblioteca e poderán levarse en préstamo unha vez teñan recollido as reflexións de todos os membros dos grupos.





xoves, 10 de marzo de 2022

8 de Marzo - Día Internacional da muller

 Onte conmemoramos no cole o a igualdade entre mulleres e homes para participar e formar parte da sociedade.

Tivemos obradoiros de igualdade en colaboración coa Mancomunidade do Ribeiro e, na aula de infantil, visitamos a biblioteca para coñecer pioneiras e traballamos dende a aula para comprender a importancia deste día e das mulleres na Historia e nas nosas vidas.

Aquí tendes algunhas fotos:




luns, 7 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

 O venres 25 de febreiro celebramos o entroido no cole e viñemos disfrazados de traballadores. 

O alumnado de cuarto, quinto e sexto fixeron unha sesión de contacontos: Paco Papán e despois todos os nenos e nenas do cole cantaron xuntos a canción co mesmo título.

Contamos coa colaboración da AMPA que nos trouxo chocolate e orellas en entroido, riquísimo!!






venres, 4 de marzo de 2022

XOGANDO CO ATLETISMO

 Se o martes da semana pasada foron os nenos e nenas da clase dos maiores os que gozaron do deporte escolar, o xoves 24 tocoulle o turno ao alumnado da clase dos medianos.

Pasámolo moi ben e aquí quedan algunhas fotos que dan mostra do que gozaron con esta actividade:






DÍA DE ROSALÍA

O día 23 de febreiro celebramos o aniversario de Rosalía na escola. En cada grupo limos e escoitamos poemas desta escritora tan destacada, compartimos opinións e sentimentos que nos despertaban esas lecturas e despois plasmámolas de maneira plástica nuns murais moi vistosos que lucen no taboleiro da nosa biblioteca.

Pola tarde dese mesmo día, cun remate final no seguinte, o alumnado de Educación Infantil e de 4º, 5º e 6º de primaria plantamos pensamentos no xardín do cole, que agora debermos coidar con esmero.

Aquí tendes algunha foto das nosas creacións.