O último día da 2ª avaliación, 18 de marzo, o coelliño de Pascua deixounos agochados por todo o cole ovos de chocolate. Os alumn@s do centro dividímonos en tres equipos para buscalos. Cada equipo levaba consigo unha cestiña para ir gardando os ovos que atopabamos. Buscamos na aula de infantil,
na de música-plástica,
tamén na de psicomotricidade,
na biblioteca,
na aula de 1º, 2º e 3º
Cando rematou o tempo, reunímonos todos na planta baixa.
Cada equipo fixo reconto dos ovos atopados e repartíronos entre os seus integrantes.
Que juego mas divertido, seguro que se lo pasaron en grande
ResponderEliminar