domingo, 17 de abril de 2016

PASCUA 2016

O último día da 2ª avaliación, 18 de marzo, o coelliño de Pascua deixounos agochados por todo o cole ovos de chocolate. Os alumn@s do centro dividímonos en tres equipos para buscalos. Cada equipo levaba consigo unha cestiña para ir gardando os ovos que atopabamos. 

Buscamos na aula de infantil,

na de música-plástica,

tamén na de psicomotricidade,

na biblioteca, 

na aula de 1º, 2º e 3º

Cando rematou o tempo, reunímonos todos na planta baixa. 

Cada equipo fixo reconto dos ovos atopados e repartíronos entre os seus integrantes.




Que ben o pasamos e que ricos estaban!




luns, 4 de abril de 2016

Excursión a O Rexo (parte II)



E chegou o momento máis esperado por nós: visitar e alimentar ás crías das ovellas!






Xa fóra, puidemos ver: os carneiros, un burriño e o can pastor. 






Tamén visitamos a queixaría, onde elaboran o queixo co leite de ovella.




Despois de todo o observado e aprendido, fomos xantar e pasar un bo rato ao aire libre!




Pasamos un día marabilloso!


domingo, 27 de marzo de 2016

Excursión a O Rexo (parte I)


O pasado martes, 15 de marzo, visitamos o Centro de Educación Ambiental O Rexo, en Allariz. 




Ao chegar faláronnos acerca da Reserva da Biosfera da Área de Allariz, as especies que podemos atopar, como coidar a contorna e tamén do que iamos ver.




Puidemos tocar auténtica la de ovella.





Tamén rimos moito cuns improvisados títeres feitos coa la das ovellas.







Isto soamente foi o comezo, xa que logo da merenda, e coas enerxías repostas, visitamos as crías das ovellas e dos carneiros: os años.

Continuará...



Namentres vos deixamos un vídeo coa montaxe dalgunhas fotos.

                                   

domingo, 28 de febreiro de 2016