domingo, 21 de febreiro de 2016

DEPORTE ESCOLAR XANEIRO 2016



O pasado día 26 de xaneiro os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º curso, asistiron a Ribadavia á modalidade de Campo a través. Alí coincidimos con compañeir@s que agora están estudando no IES O Ribeiro. Sempre é unha ledicia volver a vervos!! 


























 Manuel, que ese día estaba de aniversario, gañou unha medalla! Parabéns!




domingo, 14 de febreiro de 2016

SAMAÍN 2015





O pasado mes de outubro celebramos o Samaín no colexio.

Deixámosvos algúns recordos daquel día. 







Ensaios previos: 


  



 


                                              


                                              



Montaxe con algunhas das fotos da celebración:


                                            

xoves, 8 de outubro de 2015

OUTONO NA ARNOIA












Chegou o outono a Arnoia, e para celebralo, os nenos e nenas de educación infantil fixemos unha árbore con follas que apañamos no patio do colexio. Foi unha actividade moi divertida na que tivemos que traballar en grupo para acadar un bonito resultado. Convidámosvos a vilo ver cando queirades. 


xoves, 21 de maio de 2015

SAÍDA A OURENSE

Este mércores 20 de Maio, todo o colexio saímos a pasar a mañá a Ourense. Primeiro fixemos unha parada no Xardín do Posío para ver aos pavos, patos, cisnes..., xogar polo parque e merendar, e despois subimos polo casco antigo ata San Francisco. 
Unha vez alí contemplamos Ourense dende o mirador e fomos ata o Auditorio para ver a representación "A nena e o Grilo". 


Aquí vos deixamos unhas imaxes sobre a saída:

martes, 12 de maio de 2015

SAIDA A RIBADAVIA

Hoxe todos os nenos e nenas da escola saimos ata Ribadavia para participar nun concerto didáctico, organizado polo conservatorio da vila no auditorio.