luns, 20 de xuño de 2022

SAÍDA AO INQUIAO

 Moitas grazas poe este día tan bo, a pesar do tempo, que puidemos pasar na área recreativa do Inquiao coa colaboración de Sara e Noemi, e, por suposto, do Concello da Arnoia.

Aquí vos quedan algunhas fotos do ben que o pasamos.







venres, 17 de xuño de 2022

VISITA E ACTIVIDADES NO BALNEARIO

 Queremos agradecerlle ao Balneario de Arnoia e  ao Concello o día tan maravilloso que pasamos hoxe gozando das instalacións termais, MIL GRAZAS!!





mércores, 15 de xuño de 2022

EXCURSIÓN AO PARQUE DOS SENTIDOS, PRAIA E PETRÓGLIFOS DE MOGOR

 Hoxe os maiores, acompañados pola súa titora teacher Alba  e pola profe Alba, fixemos a tan desexada excursión de fin de curso á praia. Visitamos tamén o parque dos sentidos e os petróglifos de Mogor, que coñecimos a través do Club de lectura e do libro Cartas de Inverno.

Podedes ver fotos deste día no Class dojo!!

venres, 10 de xuño de 2022

Xornadas dos clubs de lectura

 O dez de xuño tivo lugar a Xornada de clubs de lectura das bibliotecas escolares de Galicia, foi unha experiencia moi interesante na que se compartiron experiencias e aprendemos un montón escoitando a grandes escritoras.



xoves, 9 de xuño de 2022

Proxectos entre mans...

 O curso vai rematando e queremos ir deixando listos algúns dos proxectos que nos trouxemos entre mans ao longo deste ano escolar.

Involucrado co PDI da biblioteca, Peques traballadorxs, grandes profesionais, estamos elaborando unhas maquetas de plastilina, os medianos lugares de traballo e os maiores traballadores... Aquí vos quedan unhas mostras dos nosos traballos.












venres, 3 de xuño de 2022

CLUB DE LECTURA E DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 Neste xoves de club de lectura comezamos un novo libro que ten moito que ver coa conmemoración que terá lugar este domingo 5 de xuño: O Día mundial do Medioambiente.

Xuntámonos despois de escoller A folla azul como seguinte lectura, un libro que nos levará a coñecer unha cultura moi diferente que, se non somos quen de cambiar, podemos rematar por destrozar.

Agardamos que a lectura deste libro nos axude a reflexionar sobre o papel tan importante que todos temos no coidado do medioambiente.



venres, 27 de maio de 2022

Saída dos nenos e nenas de Infantil a Cortegada

 Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil gozaron dun día moi especial con formación vial e coñecendo distintros traballos relacionados coa seguridade en Cortegada.















GRANDES PROFESIONAIS!!

 Como xa todas sabedes, este ano o proxecto da nosa biblioteca está centrodo nos traballos, por iso demos en chamalo: Peques traballadorxs, grandes profesionais!

Estas semanas foi o voso turno, familias, de vir a compartir os vosos coñecementos con nós.

O mércores 18 visitounos Fran, que nos falou do traballo de policía, o xoves 19 Silvia, enfermeira; o venres 20 Melisa, apicultora; o luns 23 Maru, apicultora; o martes 24 Pilar, horticultora e o xoves 26 Lola e Pamela, que viñeron a falarnos sobre costura.

Encantounos recibirvos e quedamos encantado con todo o que aprendimos, tanto dos aspectos máis específicos de cada traballo en si, como de algo no que todos estabades dacordo: a importancia de coidar aquilo que facemos.

Agardamos que gozarades tanto coma nós desta experiencia e convidámosvos a volver en canto teñades ocasión.

Mil grazas familias!!!







mércores, 25 de maio de 2022

VISITA DOS COMPAÑEIRxS QUE XA ESTÁN NO INSTITUTO

 Hoxe 25 de maio recibimos na biblioteca do noso cole a compañeiras e compañeiros do noso cole que xa pasaron esta etapa e que están a cursar estudos no IES de Ribadavia. Falaron con nós de cousas moi importantes sobre a sía experiencia na educación secundaria e compartimos unha pequena merenda.

Agardamos que vos gustasen os caderniños e os marcapáxinas...😊

Moitas grazas por vir!!



 

mércores, 18 de maio de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 O 17 de maio celebramos as Letras Galegas, nun cole no que adoramos tanto as letras como a nosa lingua non o podíamos deixar pasar.

Aquí tendes unhas fotos das actividades que realizamos para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán.