xoves, 21 de maio de 2015

SAÍDA A OURENSE

Este mércores 20 de Maio, todo o colexio saímos a pasar a mañá a Ourense. Primeiro fixemos unha parada no Xardín do Posío para ver aos pavos, patos, cisnes..., xogar polo parque e merendar, e despois subimos polo casco antigo ata San Francisco. 
Unha vez alí contemplamos Ourense dende o mirador e fomos ata o Auditorio para ver a representación "A nena e o Grilo". 


Aquí vos deixamos unhas imaxes sobre a saída:

martes, 12 de maio de 2015

SAIDA A RIBADAVIA

Hoxe todos os nenos e nenas da escola saimos ata Ribadavia para participar nun concerto didáctico, organizado polo conservatorio da vila no auditorio.