xoves, 24 de abril de 2014

GAÑADOR CONCURSO DE DEBUXOS

    Xusto antes de irnos de vacacións comprobamos o resultado das vosas votacións sobre os deseños para a camiseta dos rapaces e rapazas do cole.
    O resultado foi bastante axustado, pero estas son as finalista se o gañador.


UXÍA: TERCEIRO POSTO.







ICÍA: SEGUNDO POSTO.




                                                         

                          GAÑADOR: IVÁN


mércores, 23 de abril de 2014

Festival de Nadal

Seguimos recordando vellos tempos...

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe do Festival de Nadal, agardamos que vos guste!


 
                 



xoves, 10 de abril de 2014

Unha ollada atrás... "Obradoiro de baleirado de cabazas"

   E aí estamos, recén comezado o curso... era unha pena que este vídeo, que montou xa fai tempo a profe Cris, quedara sen publicar. Así podemos comprobar o que medraron os nosos rapaces e rapazas ao longo do curso!

venres, 4 de abril de 2014

CONCURSO DE DEBUXOS


    A petición da Anpa fixemos na escola un concurso de debuxos. O debuxo gañador será o diseño que aparecerá na camiseta que dende a Anpa se venderá para conseguir cartos de cara a excursión de fin de curso.
   Cada votante elexirá os tres debuxos que máis lle gusten, o da aí obteremos un vencedor ou vencedora. Tódolos membros da comunidade educativa estades invitados a votar, sempre que veñades en hora de recreo ou recreo de comedor.
    O próximo Venres diremos xa o resultado.
    Para os que non poidades vir, aí tedes as obras maestras!!








mércores, 2 de abril de 2014

ESTUDAMOS AS PLANTAS









    Os rapaces de 1º, 2º e 3º estamos a estudar as plantas, así que decidimos saír a explorar un pouco e ver cales tiñamos no cole e que sabiamos delas.




   Vimos como brotaban as novas follas das árbores de folla caduca, descubrimos cales eran de folla perenne, observamos as partes das plantas e falamos de como coidalas.
   Así da gusto aprender!

Plantas Pedra






   A semana pasada, Manuel trouxo ao cole unhas plantas moi peculiares.
  Eran plantas pedras e, según os nenos, parecían pequenos cerebros.





   Investigando descubrimos que eran típicas de zonas desérticas e que no seu interior teñen agua.





  Parecen pedras para que os animais non as coman e así, camufladas, se protexen.
   Así se adaptan ao medio onde viven.







  Gracias Manuel por compartir con nós as túas plantas!