Este venres 21 de Marzo celebramos no cole o día da árbore.

E que mellor xeito de conmemorar este día que plantando novas árbores no patio da escola.
Cada clase plantou un tipo diferente de árbore froiteira:os de infantil unha pereira, os de 1º,2º e 3º unha cerdeira e os maiores unha nectarina.Cando comecen a dar froitos ímonos poñer as botas!!!
















