martes, 27 de maio de 2014
martes, 6 de maio de 2014
DÍA DO LIBRO
O día 23 de Abril foi o día do libro.
No cole, quixemos celebrar este día cunha pequena sesión de contacontos.
Os maiores fixeron de contacontos para o resto de rapaces e rapazas do cole.
Tamén explicamos por que o día do libro se celebra o 23 de abril: porque ese día morreron dous grandes escritores como foron Cervantes e Shakespeare.
Pasámolo moi ben!
xoves, 24 de abril de 2014
GAÑADOR CONCURSO DE DEBUXOS
mércores, 23 de abril de 2014
Festival de Nadal
Seguimos recordando vellos tempos...
Aquí vos deixamos unha pequena montaxe do Festival de Nadal, agardamos que vos guste!
xoves, 10 de abril de 2014
Unha ollada atrás... "Obradoiro de baleirado de cabazas"
venres, 4 de abril de 2014
CONCURSO DE DEBUXOS
A petición da Anpa fixemos na escola un concurso de debuxos. O debuxo gañador será o diseño que aparecerá na camiseta que dende a Anpa se venderá para conseguir cartos de cara a excursión de fin de curso.
Cada votante elexirá os tres debuxos que máis lle gusten, o da aí obteremos un vencedor ou vencedora. Tódolos membros da comunidade educativa estades invitados a votar, sempre que veñades en hora de recreo ou recreo de comedor.
O próximo Venres diremos xa o resultado.
Para os que non poidades vir, aí tedes as obras maestras!!
mércores, 2 de abril de 2014
ESTUDAMOS AS PLANTAS
Os rapaces de 1º, 2º e 3º estamos a estudar as plantas, así que decidimos saír a explorar un pouco e ver cales tiñamos no cole e que sabiamos delas.
Vimos como brotaban as novas follas das árbores de folla caduca, descubrimos cales eran de folla perenne, observamos as partes das plantas e falamos de como coidalas.
Así da gusto aprender!
Plantas Pedra
A semana pasada, Manuel trouxo ao cole unhas plantas moi peculiares.
Eran plantas pedras e, según os nenos, parecían pequenos cerebros.
Investigando descubrimos que eran típicas de zonas desérticas e que no seu interior teñen agua.
Parecen pedras para que os animais non as coman e así, camufladas, se protexen.
Así se adaptan ao medio onde viven.
Gracias Manuel por compartir con nós as túas plantas!
luns, 24 de marzo de 2014
DÍA DA ÁRBORE
Este venres 21 de Marzo celebramos no cole o día da árbore.
E que mellor xeito de conmemorar este día que plantando novas árbores no patio da escola.
Cada clase plantou un tipo diferente de árbore froiteira:os de infantil unha pereira, os de 1º,2º e 3º unha cerdeira e os maiores unha nectarina.
Cando comecen a dar froitos ímonos poñer as botas!!!
xoves, 20 de marzo de 2014
Tarde de contos: O Carballo con Botas
O día 26 de febreiro tivemos unha visita no cole. Veu por aquí un señor chamado "Carballo con botas" para contarnos historias sobre os ríos de Galicia, sobre seres que habitan neles, sobre como debemos coidalos...
O Carballo con Botas |
Pasámolo moi, moi ben compartindo historias, pescando contos, aprendendo cousas novas... Gracias Carballo con Botas!
Así o
pasamos!
mércores, 19 de marzo de 2014
DEPORTE ESCOLAR
luns, 3 de febreiro de 2014
MAGOSTO 2013
Boas familias!
Pouco a pouco imos intentar ir poñendo cousiñas para que poidades ver un pouquiño máis da vida no cole. Hai cousiñas que xa pasaron fai tempo, pero que non tivemos tempo de publicar antes.
Nos próximos días iremos actualizando o blogue ata que consigamos que sexa unha unha ferramenta para contar todas as cousas importantes que suceden na nosa escoliña.
Unha desas cousas que tiñamos por aí gardadas son algunhas fotiños do noso magosto...
Esperamos que vos gusten!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)