mércores, 20 de novembro de 2013

OS TRES AMIGOS


Hoxe os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca.





 Tres amigos: o rato, o galo e o porco, querían participar nunha carreira de sacos. Nós axudámoslles a entrear duramente: corremos, montamos en bici, nadamos e... nos deitamos na herba a recuperar forzas papando mazás. Despois da carreira atopáronse cun neno, Martiño, que estaba moi triste, e axudáronlle  a facer un biscoito.  






xoves, 7 de novembro de 2013

Os protagonistas


Os nenos e nenas de infantil estamos levando a cabo unha actividade que vos queremos ensinar.

Cada semana un de nós é o protagonita, é o encargado de pasar lista, contar cantos estamos no cole, cantos quedaron na casa, ver que día é hoxe, que tempo fai..... Esa semana un familiar do protagonita visita o cole e xuntos disfrutamos duns momentos únicos.
Deixámosvos un pequeno resumo do ben que o pasamos.